-
O presente aviso legal regula o uso dos servizos do sitio web en https://www.galiciaorgullosa.xunta.gal (en diante, o “sitio web”), titularidade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (en diante, “a Consellería”).
O acceso ao sitio web por parte das persoas usuarias ten carácter libre e gratuíto.
A utilización do sitio web atribúe a condición de persoa usuaria deste e supón a aceptación plena e sen reservas de cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo no que se acceda ao sitio web e nas condicións específicas sobre protección de datos persoais.
Como persoas usuarias, estas comprométense a utilizar o sitio web, así como os seus servizos e contidos de maneira dilixente, absténdose de realizar calquera acción que poida ir contra os dereitos ou intereses da Consellería ou de terceiros como poidan ser, por exemplo, dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou dereitos de imaxe, e respectando, en todo caso, a legalidade vixente.
A Consellería non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento deste sitio web e dos seus servizos ou contido. Con todo, cando sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento do siitio web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Consellería declina calquera responsabilidade polos posibles danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos servizos ofrecidos a través deste.
A Consellería resérvase o dereito de realizar en calquera momento e sen necesidade de previo aviso as modificacións e actualizacións dos servizos e da información contida neste sitio web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten no mesmo e a configuración destes, como a forma na que se mostren na súa web.
A Consellería non se fai responsable do uso ou destino que dean as persoas usuarias á información proporcionada a través do sitio web ou de calquera dos seus servizos, nin dos comentarios, opinións e ideas que, no seu caso, se poidan difundir a través de calquera ferramenta participativa ou colaborativa postas ao dispor das persoas usuarias.
A Consellería non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no sitio web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
Tanto o acceso á web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Do mesmo xeito, as persoas usuarias serán as únicas responsables da realidade de todos os datos que comuniquen a través do sitio web.
O sitio web pode ofrecer ás persoas usuarias dispositivos técnicos de ligazón (links, banners ou botóns), que permiten acceder a sitios web pertencentes ou xestionados por terceiros e que poidan ser de interese para as persoas usuarias co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través da Internet, é dicir, con finalidade soamente informativa sen que en ningún caso supoña suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Ditas páxinas xestionadas por terceiros, non pertencen á Consellería nin esta fai revisión dos seus contidos, polo que non se responsabiliza da conexión, calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso, debendo as persoas usuarias deste sitio web, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns. Recoméndase ás persoas usuarias que sexan conscientes de que ao utilizar unha destas ligazóns están a abandonar a nosa web e que lean as políticas de privacidade desoutras webs, en especial se se solicitan datos persoais a través delas.
-
Todo o contido dispoñible no sitio web, incluíndo o seu deseño, estrutura e distribución, textos, logotipos, marcas, botóns, imaxes, debuxos, código fonte, así como todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial e calquera outro signo distintivo, son titularidade da Consellería ou da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ou se atopan lexitimamente explotados por esta en virtude de acordos ou licenzas de uso.
A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información
As persoas usuarias quedan obrigadas a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Deberase respectar en todo caso o dereito á protección de datos persoais das persoas físicas cuxos datos se difundan a través do sitio web.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do sitio web e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
As persoas usuarias ao subir, compartir ou difundir contidos neste sitio web, como por exemplo, imaxes, autorizan á Consellería a usar eses materiais para o desenvolvemento das actividades de promoción e difusión desta plataforma con carácter gratuíto e sen límite temporal ou espacial algún. Así mesmo, as persoas usuarias deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.
-
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
Cookies de terceiros: cando o as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras no mesmo.
Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Con transferencias internacionais:
Garantías adecuadas: das cookies de terceiros mencionadas anteriormente, están previstas transferencias internacionais de datos mediante a achega de cláusulas contractuais tipo adoptadas pola Comisión como garantía adecuada (artigo 46 RXPD), nos seguintes casos:
Cookie: Elfsight.
País de destino: Estados Unidos e outros países. https://elfsight.com/privacy-policy/Cookie: Weglot.
País de destino: Estados Unidos e outros países. https://www.weglot.com/privacy/
As cookies de terceiros indicadas e empregadas neste portal son de dous tipos:
Cookies de preferencias: permiten recordar información para personalizar a experiencia de navegación das persoas usuarias. En concreto, este portal emprega widgets de terceiros para a xestión de formularios de contacto, ferramentas de accesibilidade e tradución de idioma. Estes widgets poden almacenar determinadas preferencias seleccionadas pola persoa usuaria co fin de manter a súa configuración en visitas posteriores e mellorar a usabilidade do portal. Estas cookies non teñen finalidade publicitaria. En todo caso, se desexa rexeitar o uso destas cookies, siga os pasos indicados en “Xestión das cookies”.
Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido do Portal nas redes sociais de Meta e X e só se descargan polas propias redes sociais no caso de que as persoas usuarias empreguen esta funcionalidade e accedan ás ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Meta e X. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fora da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitados.
Transferencias internacionais de cookies de terceiros
Podes informarche das transferencias internacionais a terceiros países que, no seu caso, realizan os terceiros identificados nesta política de cookies nos seus correspondentes políticas (ver as ligazóns facilitadas no apartado “Garantías adecuadas”).
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
Google Chrome: como borrar, habilitar e administrar cookies en Chrome
Microsoft Edge:datos de navegación e privacidade
Mozilla Firefox:información que os sitios web gardan no equipo do usuario/a
Safari:como xestionar cookies e datos de sitios web en Safari no Mac
Safari (Iphone e Ipad):como borrar o historial e as cookies de Safari no iPhone, iPad ou iPod touch
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
-
As persoas usuarias deste sitio web teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
En atención ao disposto na normativa en materia de protección de datos persoais, previamente a dar difusión a través deste Sitio web de datos persoais de terceiros, as persoas usuarias deberán contar co consentimento das persoas afectadas, absténdose de incluír a referida información en caso contrario. En calquera caso, recoméndase ás persoas usuarias ter especial coidado á hora de publicar os devanditos contidos, para evitar poñer en risco a privacidade e intimidade doutras persoas, así como non publicar información de contacto físico que permita a calquera persoa coñecer onde vive ou onde traballa ou os lugares que adoita frecuentar.
-
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
-
As cuestións ou controversias relacionadas co uso deste sitio web ou os seus contidos rexeranse e serán interpretadas, en todos e cada un dos seus extremos, conforme ao presente Aviso Legal e á lexislación estatal e autonómica de Galicia, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente sitio web os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela (A Coruña).