Política de privacidade
-
De conformidade co establecido nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos - RXPD) e os artigos 6 e 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, LOPDGDD), polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, inclúese a continuación a Política de privacidade do sitio web en https://linkweb, do que é titular a Consellería de Política Social e Igualdade, e que vén a complementar o Aviso legal e Política de cookies, así como as condicións específicas sobre protección de datos persoais que poidan incluírse en calquera formulario de recollida de datos da devandita web.
Responsable do tratamento dos datos persoais
O responsable do tratamento é a Consellería de Política Social e Igualdade (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://politicasocial.xunta.gal/.
Contacto coa persoa delegada de protección de datos
As persoas delegadas de protección de datos teñen entre as súas funcións as de informar, asesorar e supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais na Xunta de Galicia, ademais de actuar como intermediarios/as coa Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control e atender ás reclamacións que as persoas interesadas lles dirixan
As persoas interesadas poden contactar coa persoa delegada de protección de datos a través do formulario que se atopa á súa disposición na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia.
Categorías de datos persoais e orixe dos datos
Con carácter xeral, para facilitar as distintas funcionalidades deste sitio web, recádanse datos persoais identificativos e de contacto proporcionados polas propias persoas usuarias ao encher os formularios habilitados a eses efectos.
Respecto dos datos persoais das persoas usuarias que se proporcionen para facer achegas ao arquivo de historias LGBTI deste sitio web, ademais dos referidos datos identificativos e de contacto, poderanse tratar datos relativos ás circunstancias persoais (pertenza a asociacións, colectivos), datos de categorías especiais como os relativos á orientación sexual dunha persoa e outros como a imaxe e voz, no seu caso.
No caso de que as persoas usuarias proporcionasen a través desta web datos persoais de terceiros, en particular os relativos á pertenza a un colectivo LGBTI ou outros datos relativos á orientación sexual, deberán, previamente á súa comunicación, informar ás persoas interesadas dos extremos establecidos ao respecto la presente política de privacidade, recadando o seu consentimento explícito pasa iso. Neste caso, sinalarase que se conta co devandito consentimento no apartado correspondente. No caso de que as persoas usuarias non puidesen recadar o consentimento das protagonistas das historias LGBTI que se acheguen, poderán remitir igualmente á información da que dispoñan convenientemente disociada, é dicir, sen incluír datos persoais ou outras referencias que poidan facer identificables ás persoas afectadas. No caso de que se reciban relatos, arquivos, ou outros documentos que inclúan datos persoais sen que se marcase pola persoa usuaria a confirmación de que obtivo o consentimento da persoa afectada, a información facilitada disociarase por defecto polo responsable do tratamento.
En ningún caso se poderá engadir ao arquivo información sobre persoas que sexan menores de idade no momento de achegar a súa historia.
Finalidades do tratamento e funcionalidades do sitio web
Finalidades dos persoais facilitados a través do formulario de participación: xestionar a través da presente páxina web un arquivo vivo para visibilizar a memoria LGBTI en Galicia dando a coñecer as principais situacións de discriminación das persoas dos colectivos afectados e rexistrar a súa evolución ao longo do tempo. Envío de información relacionada co presente proxecto (noticias e actualizacións).
Lexitimación para o tratamento dos datos persoais
A base lexitimadora para o tratamento dos datos persoais recadados a través do formularios de participación é o cumprimento dunha misión realizada en interese público (Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGBTI; Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia) fundamentada nun interese público esencial.
A base lexitimadora para o envío de información relacionada co presente proxecto (noticias e actualizacións) é o consentimento inequívoco das persoas afectadas.
Destinatarios dos datos
Os datos persoais proporcionados para formar parte do Arquivo Galicia Orgullosa (incluíndo imaxes/voz, documentos, etc.) serán accesibles ao público en xeral a través deste sitio web dado que a súa publicación é inherente á finalidade do mesmo. Non se prevén outras comunicacións a terceiros alleos á Administración, agás aquelas imprescindibles para o cumprimento de obrigas legais ou derivadas das prestacións de servizos tecnolóxicos necesarios para o funcionamento da web.
Os datos persoais de carácter identificativo recadados a través do formulario de participación poderán ser comunicados a outros órganos da Administración xeral e do sector público de autonómico cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.
Prazos de conservación dos datos
O tratamento dos datos persoais coas finalidades descritas manterase durante o tempo necesario para cumprir cos fins da súa recollida, así como para o cumprimento das obrigacións legais que se poidan derivar do tratamento dos datos e, en todo caso, durante os prazos previstos pola lexislación aplicable. Cando o tratamento dos datos se basease no consentimento previamente outorgado pola persoa interesada, os datos conservaranse para o cumprimento dos devanditos fins e en tanto o consentimento se sexa retirado. Nos casos nos que o tratamento se basee exclusivamente no consentimento, a retirada deste pola persoa interesada implicará a supresión dos seus datos persoais.
Así mesmo, a estes efectos será de aplicación a normativa en materia de conservación da documentación de titularidade pública, en particular a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Os datos tamén poderán conservarse con fins de investigación científica ou histórica ou con fins estatísticos.
Dereitos en materia de protección de datos persoais e como exercitalos
Indícanse a continuación os dereitos que lles asisten ás persoas usuarias desta Web e as canles prioritarias para o seu exercicio:
Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información e, de ser o caso, sobre o dito tratamento.
Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no/a interesado/a ou lle afecte significativamente de modo similar.
Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte a licitude do tratamento previo á súa retirada.
Canles de solicitude do exercicio dos dereitos
En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A (solicitude electrónica xenérica).
Presencial: presentando a solicitude asinada e por escrito en calquera das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás administracións públicas, indicando os seus datos identificativos e o dereito que desexa exercitar.
Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control (www.aepd.es).
Actualización da Política de privacidade
A Consellería de Política Social e Igualdade resérvase o dereito de modificar en calquera momento a presente Política de privacidade, en función dos cambios nas funcionalidades do sitio web ou actualizacións normativas, respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais. Recoméndase ás persoas usuarias que revisen a Política de privacidade con certa periodicidade.
Máis información
Máis información sobre o tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia a través de https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos